POLÍTICA DE COOKIES DE GÁLICA Consultoría e Formación S. COOP. GALEGA

Este sitio web non utiliza cookies de terceiros nin ningún tipo de cookies para recoller información das persoas usuarias; nin datos estadísticos, nin marketing etc.

As cookies empregadas pertencen á categoría de funcionalidade esencial, a efectos técnicos, (aquelas que permiten a persoa usuaria a navegación polo sitio web e utilizar as diferentes opcións e servizos que nel existen) e só para a plataforma de aprendizaxe de Moodle. Estas cookies xéranse para lembrar elementos como inicios de sesión e preferencias de idioma.

Unha cookie é un pequeno ficheiro cun fragmento de texto que os sitios web envían ao navegador e que permite que o sitio web lembre información sobre a súa visita, como o seu idioma preferido e outras opcións, co fin de facilitar a súa próxima visita e facer que o sitio sexa máis útil. As cookies xogan un papel moi importante e contribúen a unha mellor experiencia de navegación para a persoa usuaria.

Hai algúns tipos de cookies que se empregan, por exemplo, para rastrexar buscas e compras en liña, ou para recoller datos para usar en campañas de marketing; mesmo por empresas de páxinas web que a persoa usuaria nin sequera visitou. É por iso que a Unión Europea creou unha normativa que obriga a que a xente sexa informada antes de utilizar as cookies.

Gálica non realiza ningún destes usos e só utiliza cookies que non precisan de consentimento porque simplemente se utilizan para facilitar o funcionamento da nosa web e os datos non se empregan, nin son útiles, para outra cousa que non sexa esa funcionalidade.

POLÍTICA DE PRIVACIDADE DE GÁLICA Consultoría e Formación S. COOP. GALEGA

1. INTRODUCIÓN E IDENTIFICACIÓN DO RESPONSABLE DE TRATAMENTO

GÁLICA, en cumprimento da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, infórmalle de que: O seu denominación social é GÁLICA Consultoría e Formación S. COOP. GALEGA o seu CIF é F70499819 O seu teléfono de contacto é 981141188. O seu domicilio sitúase en Rúa Gutemberg (pol ind A Grela), 32C local 1 . 15008 A Coruña. Está inscrita no Rexistro Central de Cooperativas de Galicia no libro de inscripción de Sociedades Cooperativas con número de folla rexistral 1489-C , folio 1 e baixo o asento 1 E, dispón da seguinte dirección de correo electrónico de contacto galica@galica.org.

É o noso obxectivo tratar os datos persoais con total transparencia, aportando sempre as maiores garantías de confidencialidade e seguridade. É por iso que lle queremos explicar de maneira precisa o motivo e o xeito que temos de recompilar, almacenar, compartir e utilizar os seus datos persoais, así como os dereitos que pode exercer con respecto a estes tratamentos.

Poñemos á disposición dos nosos interesados o enderezo de correo electrónico galica@galica.org. ao que se poden dirixir de modo directo e efectivo sempre que teñan calquera pregunta ou dúbida acerca do tratamento dos seus datos persoais ou cando desexen comunicarse con nós.

2. RECOMPILACIÓN E TRATAMENTO DOS DATOS PERSOAIS

En GÁLICA tratamos os datos facilitados polos nosos interesados coas seguintes finalidades:

  1. Xestionar adecuadamente a relación comercial subscrita cos nosos clientes, a organización, a prestación e a posterior xestión administrativa do servizo. A base xurídica deste tratamento é a de execución do contrato.
  2. Manter as relacións comerciais cos nosos provedores de bens e servizos sendo a lexitimación desta finalidade novamente a de execución dun contrato.
  3. Prestar adecuadamente o servizo solicitado polo interesado, como usuario ou alumno, a un terceiro (concello, asociación, etc), sendo a base xurídica para este tratamento o seu consentimento.
  4. Creación dunha base de datos de CV e utilización dos mesmos cando se organice algún proceso de selección, sendo a lexitimación deste tratamento o consentimento prestado polo propio interesado cando nos fai chegar o seu curriculum.
  5. Cando o usuario, voluntariamente, se fai seguidor das Redes Sociais de GÁLICA A información e datos persoais proporcionados polo usuario a través das redes sociais son utilizados para atender cantas peticións nos formule a través das mesmas, sendo a base xurídica deste tratamento o consentimento expreso mostrado polo usuario.

En tódolos casos, os datos proporcionados se conservarán mentres se manteña a relación contractual ou en tanto o interesado non solicite a súa supresión ou exercite o seu dereito de oposición. Unha vez finalizado o contrato, conservaranse os datos debidamente bloqueados durante todo o tempo que que sexa necesario para atender ás obrigas legais que en materia fiscal ou noutro ámbito afecten a GÁLICA .

GÁLICA non utiliza os datos persoais para o envío de comunicacións comerciais publicitarias, nin os cede nunca a terceiros, salvo que exista obriga legal, sexa necesario para a execución dun contrato ou obteña o consentimento dos interesados. Tampouco están previstas transferencias internacionais dos mesmos.

3. REDES SOCIAIS

GÁLICA conta con perfiles nalgunhas das principais Redes Sociais (RRSS) co fin de informar e publicitar os seus servizos. Se o usuario dispón dun usuario na mesma rede social e decidiu unirse á páxina creada por GÁLICA, enténdese que amosa o seu interese na información que se publicita na Rede e outorga o seu consentimento expreso para o tratamento daqueles datos publicados no seu perfil no momento no que se fai seguidor das nosas redes oficiais.

En ningún caso GÁLICA extraerá datos das RRSS e en calquera caso, o tratamento feito será, como máximo, o que a rede social permita aos perfiles corporativos.

O usuario pode acceder en todo momento ás políticas de privacidade da propia rede social, así como configurar o seu perfil para garantir a súa privacidade.

Nas RRSS, o usuario pode compartir textos, fotos, vídeos e outro tipo de información ou contidos, algo que fará libre, voluntaria e conscientemente. De facelo así, estes contidos estarán suxeitos tanto á presente política como ás Normas e Condicións de Acceso e Uso da rede social correspondente. O usuario será responsable de que todos os contidos que publique respecten a lexislación vixente, a presente política e o aviso legal da rede social

4. MEDIDAS DE SEGURIDADE

Todos os datos son tratados de conformidade co disposto nas normativas vixentes en protección de datos persoais, e máis concretamente conforme á Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPD).

Así mesmo, cúmprense os principios descritos na LOPD, polo que os datos son tratados de xeito lícito, leal e transparente en relación co interesado e de maneira adecuada, pertinente e limitada ao necesario en relación cos fins para os que son tratados.

Co obxectivo de salvagardar a seguridade dos datos persoais, GÁLICA implantou todas as medidas de índole técnica e organizativa necesarias para garantir a seguridade dos mesmos, a súa alteración, perda e tratamento ou acceso non autorizados.

5. DEREITOS EN MATERIA DE PROTECCIÓN DE DATOS

En calquera momento pode exercer o interesado os seus dereitos dirixíndose ao enderezo postal arriba indicado ou ao enderezo electrónico galica@galica.org , especificando o dereito que quere exercer e respecto de que datos persoais. En particular, a LOPD outórgalle os seguintes dereitos:

  • Dereito de acceso e Dereito de rectificación. Vostede ten dereito a ser informado e solicitar acceso aos datos persoais sobre vostede que procesamos ou á súa rectificación cando sexan inexactos
  • Dereito de supresión. Vostede ten dereito a solicitar que se eliminen os seus datos persoais
  • Dereito á limitación do tratamento. Vostede ten dereito a solicitar que se deteña o procesamento de xeito temporal ou permanente de todos ou algúns dos seus datos persoais.
  • Dereito de oposición. A oposición ao tratamento dos seus datos cando a base xurídica para o tratamento sexa o interese lexítimo de GÁLICA ou por motivos relacionados coa súa situación particular
  • Dereito á portabilidade. Vostede ten dereito a solicitar unha copia dos seus datos persoais en formato electrónico e o dereito a transmitilos para usalos no servizo a un terceiro.

Igualmente, informámoslle da opción de presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos en caso de considerar que cometemos unha infracción respecto ao tratamento dos seus datos persoais. Para elo debe dirixirse a:

AGENCIA ESPAÑOLA DE PROTECCIÓN DE DATOS
R/ Jorge Juan, 6
28001 Madrid